Hoxe é Martes 8 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Paisaxes, figuras e marismas protagonizan a nova exposición da Casa da Torre

RR_Noticias

Dezasete óleos creados polo artista Alberto Millos cos que procura un estilo propio.  

Seguidor dos clásicos e do artista vigués Antonio Pulido, Alberto Millos preséntanos na súa primeira exposición unha mostra representativas de toda a súa traxectoria artística. Unha carreira que comezou como unha afección e que desde hai tres anos dedícalle boa parte da seu tempo de lecer. Nesta primeira obra Millos xoga con distintas técnicas coas que busca un estilo propio, xa que aínda se considera un pintor amateur, no que a experimentación xoga un papel fundamental para conformar a súa personalidade como pintor. A figura humana, as paisaxes, a costa e sobre todo o mar son os grandes protagonistas das pinturas que se poden ver ata o 30 de agosto.    A cor azul é unha constante na obra deste pintor que fusiona con características propias do movemento impresionistas. Un estilo que xurdir, en boa medida, grazas ao traballo que realizou co pintor Antonio Pulido e que o levou a realizar esas dezasete pinturas ao óleo que agora se poden ver na sala de exposicións da Casa da Torre.      

Alberto Millos exposición.
O artísta explica o que podemos atopar na exposición da Casa da Torre.
Alberto Millos orixes
Os autores clásicos o impresionismo e Antonio Pulido son as influencias principais de Alberto Millos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará