Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os animais xigantes de Piquico chegan ao Multiusos da Xunqueira

RR_Noticias

Buitre, Rocinante, Avestruzo e Libélula son algunhas das esculturas que deste este luns, 10 de agosto, e ata o 15 de setembro podedes ver no Multiusos da Xunqueira.

O Multiusos da Xunqueira acolle a obra de Piquico, esculturas de animais a gran tamaño talladas en madeira, ferro e pedra que o seu autor, Angel Manuel Rodríguez Romero, Piquico, presenta baixo o nome de Animalario. Piquico, licenciado en Belas Artes pola Universidade Complutense de Madrid e cunha ampla traxectoria expositiva tanto individual como en obra pública, esculpe estas figuras cun xesto cómplice e humanizado cara o espectador, xa que segundo afirma “as veces, cando o home é cruel coa natureza, os animais responden cun xesto de enfado e mesmo de perplexidade. Unha exposición que podedes visitar ata o 15 de setembro no Multiusos de Redondela. Na actualidade Angel Manuel Rodríguez continúa experimentando con grandes superficies, neste caso cunha escultura pública de cinco metros de alto dedicada ao entroido de Viana do Bolo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará