Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A oficina de turismo espera que as visitas á Illa de San Simón se retomen a mediados do mes de agosto

RR_Noticias

A finais do mes de xuño suspendeuse o servizo de transporte que unía a Illa con Cesantes e Vilaboa e polo momento estase á espera de que a Consellería de Cultura e a Fundación Illa de San Simón decidan reiniciar as viaxes.

As visitas á Illa de San Simón centran a maior parte das cuestións que cada día solucionan as dúas persoas que atenden a Caseta de Turismo de Redondela. O servizo comezou a funcionar a finais do mes de xullo e diariamente atende entre trinta e corenta persoas, a maioría camiñantes que aproveitan a súa estancia na vila para coñecer Redondela e a súa contorna. Pero tamén acoden ata este posto de información turística os propios redondeláns en busca de información sobre as actividades que se van desenvolver no concello, mapas e datos sobre lugares da contorna. Pero as principais preguntas céntranse na Illa de San Simón, segundo sinala Ana Sacarrera, unha das técnicas de turismo. Un servizo que se paralizou a finais do mes de xuño e que suscita moitas das queixas dos turistas. Malia todo a Consellería de Cultura, responsable da xestión das viaxes, apunta que a Illa está aberta ás entidades culturais que soliciten  a súa visita sempre e cando o fagan previamente na Fundación Illa de San Simón, pero recoñecen que o transporte en barco está paralizado debido ao fin do convenio con Caixanova, que sufraga as viaxes, dúas pola mañá e dúas pola tarde.   Segundo apuntan desde a oficina de Turismo de Redondela a Consellería pretende que o servizo de transporte ata a Illa de San Simón volva estar en funcionamento a mediados deste mes de agosto. Lembramos que a oficina permanece aberta de luns a venres de 09.00 a 14.00 horas e pola tarde de 16.00 a 21.00 horas na Alameda de Redondela. Para calquera dúbida tamén podedes chamar ao número de teléfono 986401713 ou na páxina web www.turismoredondela.net.  

Turismo en Redondela
Ana Sacarrera da oficina de turismo de Redondela explícanos as pregunas máis frecuentes dos turistas.
Viaxes Illa de San Simón
A oficina de turismo de Redondela espera que as viaxes á Illa se reanuden a mediados de agosto.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará