Hoxe é Sábado 12 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello instará en setembro á Xefatura de Costas a que recupere o areal de Cesantes

RR_Noticias

Durante os últimos anos esta praia sufriu unha importante perda de area que o Concelleiro de Medio Ambiente de Redondela, Carlos Pazos, establece en case un metro.

A area da praia de Cesantes está sendo substituída polas pedras que arrastra a marea, o que fai que o areal sexa cada vez máis pequeno e os usuarios dispoñan de menos espazo para poder tomar o sol. A Concellería de Medio Ambiente solicitou ao Grupo de Portos e Costas da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños de A Coruña, a realización dun estudo sobre o areal e a súa situación. Agora co informe finalizado e en poder do concello, o departamento de Medio Ambiente proporalle no mes de setembro á Xefatura de Costas de Pontevedra que tome medidas para recuperar o areal, xa que o concello non podería facer fronte en solitario ao custe da actuación. Unha medida coa que o goberno local pretende recuperar un dos dous areais máis grandes e concorridos que ten Redondela, onde ata hai poucos anos realizábanse distintas actividades deportivas como campionatos de fútbol praia pero que co efecto da erosión e as mareas está quedando case sen area. Un problema que como recoñecen dende o departamento de medio ambiente tamén está a afectar a outras praias do concello.

Carlos Pazos concelleiro Medio Ambiente.
No mes de setembro o consellería de Medio Ambiente pediralle a Xefatura de Costas que recupere o areal de Cesantes.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará