Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A prohibición de fumar nos lugares públicos divide aos bares de Redondela

RR_Noticias

A maior parte dos bares consideran a medida positiva en canto que se aplique a todos os establecementos por igual aínda que critican ao goberno por non tela posto en marcha antes de obrigar aos locais a acometer obras para adaptarse á Lei Antitabaco do 2006.

Os donos dos establecementos de lecer de Redondela, consideran que a medida, se finalmente se aproba, vai ser de moi difícil aplicación, xa que a xente ten moi arraigado o costume de poder fumar mentres se toma unha consumición nun bar. Malia todo afirman que a medida é positiva, tanto para os propios consumidores como para as persoas que traballan no sector da hostalería. Non embargante, entenden que o Ministerio de Sanidade debería ter previsto este endurecemento da lei hai tres anos cando obrigou aos establecementos de maior superficie a habilitar unha zona libre de fumes e outra de fumadores. Unhas obras que supuxeron un elevado gasto para os establecementos e que de modificarse a normativa vixente deixaría de ter sentido. Os bares pídenlle ao goberno, de seguir adiante co endurecemento da lei, que se aplique por igual a todos os establecementos e que vixíe que a medida se cumpre, xa que senón suporía un importante prexuízo económico para aqueles que acaten o novo regulamento.

Café da Vila
Maniféstase a favor de que se prohíba fumar nos espazos públicos.
Bar Zeus
Considera que non será postivio para aqueles que adaptaron os seus locais á lei dividíndoo entre zona de fumadores e libre de fumes.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará