Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“Xoga a ser xornalista” na biblioteca de Chapela.

RR_Noticias

A escritora Ana María Fernández imparte mañá venres na biblioteca de Chapela un obradoiro de dinamización  no que os rapaces aprenderán dun xeito lúdico e divertido a traballar como reporteiros.

A actividade está dirixida a nenos e nenas de entre 8 e 12 anos e celebrarase mañá ás 10:30 horas.
Os interesados en participar nesta actividade, que está organizada pola concellería de Cultura en colaboración coa Xunta de Galicia, deben anotarse na propia biblioteca no Multiusos do Piñeiral xa que o número de prazas é limitado.
Internet
Por outra banda, a biblioteca de Redondela organiza un curso de internet para nenos de entre 7 e 11 anos. O curso impartirase entre o 20 de xullo e o 14 de agosto na aula Multimedia do Multiusos da Xunqueira, dous días á semana e durante dúas horas ao día en horario de mañá. A actividade é gratuíta pero é preciso inscribirse previamente antes do 10 de xullo na propia biblioteca xa que as prazas son gratuítas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará