Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un ferido grave nun accidente na N-552 entre Vigo e Redondela

RR_Noticias

Un accidente múltiple que se producía na mañá de hoxe na N-552 á altura de Cedeira deixa un balance de tres feridos, dous adultos e un neno, un deles con pronóstico reservado.

Os feitos producíase as 11:50 horas cando por causas que se descoñecen un Audi A6 colisionaba lateralmente contra una volkswagen Golf e a continuación contra un terceiro turismo, un Seat Ibiza que circulaba en sentido contrario.
Precisamente o conductor deste último vehículo foi quen resultou peor parado no accidente e tivo que ser evacuado nunha ambulancia medicalizada a un centro hospitaliario onde quedou ingresado con pronóstico reservado.
Pola súa banda, os dous ocupantes do Audi, a condutora de 37 anos e o seu fillo, un neno de 8 anos, resultaron feridos de carácter leve, mentres que non hai que lamentar ningún ferido entre os ocupantes do Golf.
No accidente, que se producía á altura da parroquia de Cedeira, interviron efectivos da Policía Local, Protección Civil e axentes da Garda Civil de tráfico así como membros do 061.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará