Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Romaría reivindicativa o sábado na Alameda

RR_Noticias

A música e o II mercado de troco centran algunhas das actividades que se van desenvolver na xornada do sábado na Alameda dentro das actividades programadas pola Plataforma contra a autovía

A partir das once da mañá celebraranse unha serie de actividades abertas a todos os públicos que van dende a música, xogos populares para grandes e cativos, comida e postos informativos de varios colectivos ambientalistas e sociais de diferentes ámbitos. Tamén haberá actuación musicais que correrán a cargo do grupo de gaiteiros da Lúa meiga, Os Croquetas e o grupo Tanto nos ten.
II mercado de troco
Unha xornada reivindicativa pero tamén lúdica na que se realizará o II mercado de troco polo que se fai un chamamento a todos os veciños a que leven a este mercado aquelas cousas que teñan na casa que estean en bo estado pero que xa non empreguen
Este mercadillo de intercambio consiste en que aquelas persoas interesadas presenten os seus obxecto, ata un máximo de seis, entre as 11:00 e as 12:30 a cambio dos cales recibirán un vale. A continuación  entre as 12:20 e as 13:30 os vales poderanse trocar polos obxectos depositados.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará