Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

35 equipos participarán esta fin de semana no primeiro Tórnelo de Fútbol 7 senior de Redondela

RR_Noticias

O campo de Santa Mariña acollerá esta fin de semana o primeiro Torneo de Fútbol 7 senior organizado por ex xogadores do fútbol base de Redondela en colaboración con varios establecementos comerciais e hostaleiros da vila e a Concellería de Deportes.

A inicativa parte dun grupo de afeccionados que, segundo explicaba Diego Soto “levábamos tempo acudindo a torneos doutras localidades e entendemos que aquí hai afección suficiente como para garantir a participación e a asistencia de público”. De feito, estiman que a participación será de 35 equipos que deberán pagar unha cota de 130 euros

A organización establece un premio para os catro primeiros clasificados así como ao equipo menos goleado e haberá tamén un recoñecemento para o mellor xogador. O sábado disputaranse os encontros da fase grupo sendo o domingo a fase final. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata mañá xoves. Os interesados poden informarse na páxina web www.redondelaf7.es.nf ou ben no teléfono 661 061 239

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará