Hoxe é Mércores 6 de Maio de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela impulsa a economía vinculada ao mar cun programa de obradoiros para empresas locais

emrpesas

O programa Redondela Economía Azul aposta pola formación cun ciclo de catro sesións gratuítas centradas na dixitalización e a innovación dirixidas a empresas, autónomos e profesionais de distintos sectores. O obxectivo é dotar ao tecido empresarial de ferramentas reais para mellorar a súa competitividade e abrir novas oportunidades de negocio vinculadas ao mar. Unha iniciativa da Asociación de empresas co apoio do IGAPE.

A iniciativa articúlase arredor dun itinerario formativo gratuíto cun enfoque práctico, orientado á aplicación directa no ámbito empresarial. O seu obxectivo é facilitar a adaptación das empresas locais aos novos retos da economía azul mediante a incorporación de tecnoloxías dixitais, ferramentas de análise de datos e solucións baseadas en intelixencia artificial.

O plan de formación desenvolverase entre o 13 de maio e o 3 de xuño de 2026 e está composto por catro sesións temáticas impartidas por profesionais especializados en transformación dixital e innovación empresarial.

A primeira sesión, titulada Tecnoloxía, dixitalización e competitividade, terá lugar o 13 de maio en horario de tarde. Será impartida por Gerardo Estévez e centrarase na relación entre a estratexia empresarial e o uso da tecnoloxía, así como no impacto da dixitalización nas pequenas e medianas empresas.

O 20 de maio celebrarase a segunda sesión, enfocada á xestión de datos baixo o título Datos: captura, almacenamento e visualización. Erika Rodríguez e Alejandro García abordarán ferramentas como sistemas ERP e CRM, automatización de procesos mediante RPA e solucións de business intelligence orientadas á toma de decisións empresariais.

A terceira xornada terá lugar o 27 de maio en horario de mañá e estará dedicada á intelixencia artificial. Nesta sesión explicaranse conceptos clave, tipoloxías e casos de uso da IA aplicados á previsión, análise de información, xeración de contidos e automatización documental.

Finalmente, o 3 de xuño desenvolverase a cuarta sesión, centrada noutras tecnoloxías aplicadas á sustentabilidade. Neste caso abordaranse solucións como o Internet das Cousas (IoT), a eficiencia enerxética, o blockchain e os sistemas de trazabilidade, co obxectivo de promover modelos produtivos máis sostibles.

Os obradoiros están deseñados para proporcionar coñecementos aplicables de maneira inmediata, permitindo ás empresas identificar novas oportunidades de negocio vinculadas ao mar, mellorar a súa eficiencia operativa e avanzar cara a modelos máis sostibles. Ademais, o programa inclúe espazos para o intercambio de experiencias e o debate, favorecendo a creación de sinerxías e posibles proxectos colaborativos entre empresas da comarca.

O programa está aberto a empresas de todos os sectores, sempre que manteñan unha relación directa ou indirecta co ecosistema produtivo do mar, consolidando así unha aposta pola diversificación económica e pola innovación no ámbito local.

As inscricións permanecen abertas a través da web da asociación empresarial, ata completar as prazas dispoñibles.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará