Hoxe é Mércores 6 de Maio de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Ferido un operario municipal tras precipitarse dende tres metros na carpa da Festa do Choco

carpa

Susto no mediodía de hoxe no Campo da Feira. Un operario municipal resultou ferido tras sufrir unha caída mentres traballaba na montaxe da electricidade na carpa que acollerá as celebracións da Festa do Choco esta fin de semana. O traballador foi trasladado a un centro hospitalario.

O suceso produciuse arredor da 1:20 horas, cando o traballador, electricista do servizo municipal, caeu desde unha altura aproximada de tres metros mentres realizaba tarefas na instalación eléctrica. Como consecuencia do impacto, o operario sufriu unha fenda na cabeza. A pesar do golpe, en ningún momento perdeu o coñecemento e permanecía consciente e orientado.

Ata o lugar desprazouse unha patrulla da Policía Local e unha ambulancia, cuxo persoal sanitario atendeu ao ferido e procedeu ao seu traslado a un centro hospitalario de Vigo. O traballador quedou ingresado en observación para avaliar a súa evolución.

O incidente provocou momentos de preocupación durante os preparativos dun dos eventos máis destacados da fin de semana.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará