Hoxe é Luns 27 de Abril de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O equipo feminino cadete do Balonmán Chapela logra o pase ao sector nacional

balonmán chapela xogadoras

A canteira do balonmán feminino en Redondela está imparable. Logo de confirmarse semanas atrás a participación nos sectores nacionais infantil e cadete dos equipos da SAR, esta fin de semana o Chapela lograba tamén facerse un oco no Campionato de España tras vencer na final Four galega celebrada no pavillón Manuel González Soto.

Unha emocionante competición na que participaban os equipos de Porriño, Cangas e Lalín, ademais das anfitrioas. A final disputouse entre o equipo Fundación Alba Torres Carrera Bm Chapela e o Cangas nun emocionante partido que rematou co resultado de 38-34 a favor das chapeleiras.

O equipo proclámase así campión desta Final 4 cadete feminina e polo tanto, o seu seguinte destino é o sector nacional.

Todo un éxito para o balonmán feminino que este ano contou ademais con presenza de tres equipos na liga ouro, onde estiveron presentes Sar Rodavigo, BM Chapela e As Choqueiras.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará