Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

David Álvarez, o xogador do Cesantes que fixo historia: Dez tantos nun só partido

WhatsApp Image 2025-09-29 at 19.08.17

David Álvarez, o dianteiro de 27 anos nado en Redondela, irrompeu no mundo do fútbol local como unha forza imparable. Apaixonado do balón dende a infancia, Álvarez protagonizou o pasado domingo 21 de setembro unha fazaña inesquecible: anotou os dez goles cos que o CD Cesantes aplastou ao Santomé (10-0) na segunda xornada da Terceira División de Fútbol Galego. Un hat-trick de hat-tricks que non só selou unha vitoria histórica, senón que acendeu as esperanzas de ascenso para o seu equipo nunha tempada que promete ser a boa.

Dende os seus primeiros pasos co esférico, Álvarez forxou un camiño marcado pola dedicación e o amor ao fútbol de sempre, de casa. Como moitos nenos de aquí comezou ao tres anos no Mundialito da Xunqueira: “No Casa Paco xoguei ata os sete anos e logo pasei ao CD Choco, onde estiven ata o equipo sénior en Terceira División, e despois ao Soutomaior, antes de chegar directamente ao Cesantes grazas ao impulso de Mon”, relata David.

Pero, ¿qué impulsou a este inquieto neno de Redondela a abrazar o fútbol con tanta paixón? Álvarez atribúeo a unha mestura de herdanza familiar e enerxía innata. “O meu pai xogaba ao fútbol, pero non foi algo que me inculcase á forza. De pequeno sempre fun moi inquieto: estaba pola casa, xogaba co balón, pedía pelotas de regalo e nunca podía estar quieto. Nin sequera lendo un libro me gustaba; prefería movemento. Agora mesmo, o fútbol é a miña vía de escape. Estou moi cómodo no Cesantes, os compañeiros son incribles e axúdanme a evadirme de todo. Encántame, non podería vivir sen el, polo menos de momento”, confesa cun sorriso.

A súa chegada ao Cesantes, hai case cinco anos, foi o catalizador perfecto. “Aquí é o mellor que me podía pasar. No Cesantes somos todos do pobo, coñecémonos de toda a vida. Iso xera confianza, bo rollo. Creo que o mellor rendemento chega cando estás a gusto nun sitio; se non, non explotas ao máximo”, explica Álvarez, subliñando o sentido de comunidade potenciou o seu xogo.

Os dez goles ante o Santomé non foron un golpe de sorte, senón o froito dun traballo colectivo impecable. Humilde, o dianteiro rexeita ser o único artífice da fazaña. “É labor de todos os compañeiros, que xogaron cara arriba e cara a min. Non é que eu colla o balón atrás e meta goles eu só; eles teñen moito mérito. O ano pasado tamén foi bonito, pero non logramos entrar en fase de ascenso, que é a nosa prioridade. Este ano comezamos fortes: competimos todos os partidos e levamos tres porterías a cero, que é un mérito enorme da defensa, o porteiro e os mediocentros”, destaca.

A pesar de que o “normal” sería sacalo do campo, o adestrador Raki decidiu non substituílo, permitindo que Álvarez saborease o momento. “Sabe que son unha persoa que necesita confianza. Creo que vía que cada balón que tocaba acababa en gol e quixo que desfrutase. Ata hai pouco non tiña moita confianza; non era capaz de correr como antes. Nese partido, atopeime co que necesitaba: ese impulso que che fai voar”, lembra o xogador. Entre os tantos que aínda lle emocionan, destaca tres: “O primeiro, que foi como abrir a lata e o máis importante da tempada; outro de falta, que celebrei co meu pai; e unha vaselina dende un pouco máis alá do medio campo. Noutro equipo, estou seguro de que isto non tería pasado. Aquí coñécenme, saben o que necesitaba e xogaron para min. Todo o mundo intentaría sumarse á festa, pero eles seguían dándome o balón. Ao rematar, non me daba conta do que pasara.

Os rivais tiveron uns minutos de atacar tras o primeiro tanto e caseo consguen, pero a defensa este ano di David “está moi ben traballada, moi forte. Son máquinas”, engade, defendendo ao rival: “O Santomé non é un equipo malo que nolo puxera fácil. O ano pasado, con case os mesmos xogadores, empatamos 1-1 no seu campo e gañamos 2-1 aquí. Estamos moi fortes este ano, por iso o resultado”.

O subidón prolongouse ata o último encontro, o domingo 28 de setembro como visitantes ante o Barro. Alí, Álvarez non sentiu presión, pero si o calor dun ambiente hostil. “Presión non a sentín, a verdade. Pero é un equipo duro, e dende a grada gritábanme cousas, metíanse comigo. Ao final, marquei un gol e fixen o tonto, pero fun celebrar cara á grada porque estaba farto de que me insultasen os 90 minutos. Sacáronme do partido con patadas, berros dende fóra… De todo”.

Mirando cara adiante, o Cesantes prepárase para a próxima xornada, o domingo 5 de outubro na casa ante o Cobres. “Vamos a pola vitoria. O Cobres baixou de Segunda e vén con ganas, pero estamos preparados”, afirma Álvarez con determinación. O gran obxectivo da tempada é claro: “O ascenso, sen dúbida. Levamos dous anos intentándoo, pero sempre se complica algo –lesións, un tropezo…–. Este ano estamos máis duros que nunca. Inflúen moito os campos: o do Barro é pequeno e complicado; o do Bahía, onde van primeiros, tamén é un osiño duro. Creo que será dos máis difíciles para puntuar alí”.

Con todo, non todo é idílico no Campo Municipal de A Gándara converteuse nun lastre. “Está fatal, viñeron arranxalo hai pouco e deixárono peor. É moi duro, coma correr sobre formigón con tacos. Falta unha capa debaixo do céspede que ían poñer e non nola meten. Hai fochancas: vas correndo, metes o pé nun, torces e rompes. O ano pasado, as miñas tres lesións viñeron por iso. Levámolo pedindo moito tempo; é necesari. Pasan cousas que non deberían”.

En medio deste remuíño, Álvarez pecha cunha nota de gratitude, dedicando a súa fazaña a súa familia e amigos. “Dedícollo a toda a miña familia, aos meus adestradores que me axudaron –Mon, que me trouxo ao Cesantes e sen el non tería vivido isto; Raki, que me axuda moito–, aos compañeiros que son incribles e ao meu primo Dani”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará