Canal chama incompetente a Xaime Rei por terse informado pola prensa das intencións do Ministerio de Fomento de ampliar a AP-9 e reclama a celebración dunha comisión informativa de urbanismo para dar conta do asunto
O anuncio da ampliación da Ponte ten provocado “preocupación e indignación” no PP local quen reclaman maior información en torno ao proxecto de Fomento e esixen que se elabore o estudo de impacto ambiental. Mostran tamén a súa preocupación polas afección que a actuación poida ter na parroquia de Chapela e aseguran que “non permitirán que a parroquia se vexa afectada unha vez máis” A voceira do PP, Francisca Canal cualifica de “lamentable que o propio alcalde se tivese que enterar polos medios de comunicación da noticia, exemplo claro de incompetencia”, e insta a Xaime Rei a convocar unha comisión informativa de urbanismo para dar conta do asunto e “amosarnos o estudio de impacto ambiental a todos os partidos da corporación municipal”.