Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP esixe o estudo de impacto ambiental da ampliación da Ponte de Rande

RR_Noticias

Canal chama incompetente a Xaime Rei  por terse informado pola prensa das intencións do Ministerio de Fomento de ampliar a AP-9 e reclama a celebración dunha comisión informativa de urbanismo para dar conta do asunto

O anuncio da ampliación da Ponte ten provocado “preocupación e indignación” no PP local quen reclaman maior información en torno ao proxecto de Fomento e esixen que se elabore o estudo de impacto ambiental. Mostran tamén a súa preocupación polas afección que a actuación poida ter na parroquia de Chapela e aseguran que “non permitirán que a parroquia se vexa afectada unha vez máis” A voceira do PP, Francisca Canal cualifica de “lamentable que o propio alcalde se tivese que enterar polos medios de comunicación da noticia, exemplo claro de incompetencia”, e insta a Xaime Rei a convocar unha comisión informativa de urbanismo para dar conta do asunto e “amosarnos o estudio de impacto ambiental a todos os partidos da  corporación municipal”.

Francisca Canal. PP
Os populares solicitan o estudo de impacto ambiental
Lamentable que se enteren pola prensa
Critican que Xaime Rei recoñeza que se enterou pola prensa das intencións de Fomento

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará