Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Queremos galego denuncia a censura do Concello de Soutomaior por negarlles un local municipal

RR_Noticias

A plataforma solicitara o uso do Multiusos de Arcade para a celebración dun concerto presentación. Ante a negativa do goberno local de cederlles este espazo a actividade trasládase á Alameda de talo Río o venres 23 ás 20:00 horas

O colectivo a prol da lingua denuncia o intento do concello de Soutomaior de boicotear o acto, xa que dende o goberno local denegóuselles “o uso de calquera instalación municipal para poderen desenvolver esta actividade”
A plataforma afirma que inicialmente, a Concellaría de Cultura alegou que á hora solicitada (as oito do serán) o Multiusos de Arcade estaría ocupado por un curso, mais cando as persoas promotoras da plataforma lle comunicaron ao departamento municipal a súa disposición a procurar outro horario, a resposta foi novamente negativa argumentando que “o Multiusos non poderá destinarse a esa finalidade”.
Con todo, dende Queremos galego decidiron manter o acto converténdoo “nunha denuncia pública contra a censura e a negación de dereitos”. Terá lugar na rúa, na Alameda de Talo Río en Arcade, a partir das 20 horas, xunto á sede local do Partido Popular. Haberá intervencións e música de diferentes grupos e estilos a cargode os trasnos de Moscoso, os regueireiros o Sordo e o Casco e outros artistas convidados. Tamén participará o deputado do BNG, Bieito Lobeira.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará