Hoxe é Mércores 16 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os actores Xavier Deive e Fernando Morán inauguran o VI Redondela en curto

RR_Noticias

“The End”, “Tu amor”, “Burbuja” ou a película de animación “O pintor de ceos” parten como favoritas no festival Redondela en curto que arranca esta tarde ás 21:00 horas no Multiusos da Xunqueira cunha actuación a cargo do grupo de hip hop Beatus Ille.

O acto inaugural contará ademais coa presenza dos actores Xavier Deive e Fernando Morán ambos os dous da serie Matalobos. A continuación proxectaranse os título “Adios muñeca”, “La ventaja del sicario”, “El contratiempo” e “Burbuja”. Os espectadores poderán ver ata o domingo un total de 16 traballo dentro da sección a concurso e achegarse tamén a unha proxección de curtas alternativos no local Disco tasca na medianoite do venres. O actor Fernando Morán, membro do xurado, destacaba a calidade dos traballos presentados como o principal atractivo deste festival que logo de seis edicións está xa consolidado. Entre as curtas que parten con máis opción de premio, ao entender do director do festival Cuchi Carreira atopamos a película de animación galega O pintor de Ceos pero tamén outros títulos como “The End.” De Eduardo Chapero-Jackson, “Tu (a)mor” de Fernando Franco, ou a comedia “Burbuja” de Pedro Casablanc e Gabriel Olivares. A entrega de galardóns e epche do festival será o domingo ás 21:00 horas.Toda a programación pódese consular no enderezo www.redondelaencurto.com.

Fernando Morán actor
Membro do xurado destaca a calidade dos traballos que se van proxectar
Cuchi Carreira director
Varios traballos parten xa como favoritos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará