Hoxe é Xoves 31 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detido un veciño de Redondela por un presunto delito de violencia de xénero

poli

Foto: Policía Local de Redondela

O home tería agredido á súa parella durante unha discusión que se producía na tarde do domingo na praia de Cesantes. O agora detido provocou danos no mobiliario urbano ao tentar fuxir ao volante do seu vehículo, polo que tamén está investigado por dous delitos contra a seguridade viaria segundo informan dende a Policía Local de Redondela.

Os feitos que se investigan tiveron lugar na tarde de onte na Praia de Cesantes cando a parella mantiña unha forte discusión que levou aos viandantes que paseaban pola zona a alertar á Policía Local. Antes da chegada dos axentes a parella abandonou o lugar nun turismo que se saíu da vía provocando danos no mobiliario urbano. O condutor decidiu entón darse á fuga. Os axentes que se desprazaran á zona falaron coa muller, quen lles confirmou que mantivera unha discusión e que fora agredida.

O home foi localizado polos axentes nas proximidades agochado nunha finca con evidentes síntomas de atoparse baixo os efectos das bebidas alcohólicas, sendo sometido ás correspondentes probas que deixaron un resultado positivo de 0.79 e 0.81mg/l. Tampouco tiña permiso de conducir polo que estar a ser investigado.

Na intervención participou a Policía Nacional quen se fixo cargo do traslado do detido ao centro médico e posteriormente a comisaría nunha actuación conxunta.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará