Hoxe é Xoves 16 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Castelo de Soutomaior arranca a súa programación en torno á camelia con visitas guiadas e degustacións de té

castelo

As actividades, nas que é preciso inscribirse na páxina web www.castelodesoutomaior.com, terán lugar nos meses de febreiro e marzo e inclúen visitas guiadas todos os martes e xoves, obradoiros de debuxo para familias con nenos maiores de tres anos e degustacións de té de camelia.

As visitas guiadas para o público xeral teñen un prezo de tres euros por persoa, unha duración de sesenta minutos e levaranse a cabo todos os martes e xoves en horario de tarde ata o 26 de marzo. Mentres que as visitas para escolares son gratuítas e terán lugar na queda de mañá todos os martes e venres ata o 22 de marzo. En ambos os dous casos, as visitas estarán dirixidas por persoal do Castelo, que centrarán o percorrido na floración da camelia, a evolución desta especie e a súa relación coa provincia de Pontevedra.

Os obradoiros de debuxo están fixados para o 11 e 18 de febreiro, así como para o 10, 17, 24 e 31 de marzo. Estas actividades están pensadas para familias con fillos maiores de tres anos, o prezo é de 8 euros e o aforo máximo, de 30 persoas. Nestes obradoiros, os participantes poderán coñecer a importancia e a diversidade das camelias na provincia de Pontevedra para, a continuación, representar estas plantas empregando as técnicas artísticas de pintores locais como Maruja Mallo, Seoane, JoseFrau ou María AntoniaDans.

No caso das degustacións de té de camelia, están previstas para os días 23 de febreiro e 22 de marzo, cun aforo máximo de 25 persoas, un prezo de 8 euros e unha duración aproximada de dúas horas. A actividade consistirá nunha visita guiada polos xardíns e o castelo prestando especial atención ás camelias e, despois, unha degustación conducida por Carmen Salinero, presidenta da Sociedade Española da Camelia e directora da Estación Fitopatolóxica do Areeiro, para coñecer o cultivo e a preparación do té de camelia.

Como é habitual, para participar en calquera destas actividades, as persoas interesadas deben solicitar cita previa e mercar a entrada a través da páxina web oficial do castelo de Soutomaior, www.castelodesoutomaior.com

O presidente da Deputación, Luís López, animou á veciñanza e visitantes a achegarse ao Castelo a desfrutar do espectáculo das camelias “unha experiencia 100 % Rías Baixas”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará