Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG solicita no Parlamento que se paralicen as obras do AVE en horario nocturno.

RR_Noticias

A deputada do partido nacionalista no Congreso, Olaia Fernández Davila, denuncia que a empresa adxudicataria incumpre as normas de Declaración de Impacto Ambiental e traballa ininterrumpidamente no Val do Maceiras as 24 horas cando tiñan que parar de noite.

O BNG ven de presentar unha iniciativa parlamentar na que insta ao Ministerio de Fomento a cumprir esas normas de Protección recollidas na Declaración de Impacto Ambiental, na construcción do AVE á altura de San Estevo de Negros en Redondela debido a que segundo denuncia “os traballos non paran nas horas nocturnas”. A deputada do BNG explica que as obras do AVE no tramo coñecido como “Val do Maceiras” se están a executar durante as 24 horas, ininterrumpidamente, “pese a que a Declaración de Impacto Ambiental prevé que non se traballe de noite”. Esta circunstancia está a prexudicar aos veciños que teñen que soportar uns níves de ruido que non paran en ningún momento. Afirma Davila que “a Comisión de afectados dirixiu varios escritos a todas as instancias administrativas, así como a empresa contratada, denunciando o incumprimento das medidas de protección”. De feito, os veciños decidiron incluso recurrir á vía xudicial, e presentaron un requirimento no Xulgado de Redondela co obxetivo de sentarse a negociar coa empresa adxudicataria dos traballos. Davila pede ao Ministerio de Fomento que adopte medidas para resolver este tema que está a afectar á saúde dos veciños. A parlamentar nacionalista sinala que “nos consta que desde o concello se fixo todo o posíbel pero tanto uns como outros se atoparon coa indiferenza da empresa e da Administración central que despois de meses non fixeron nada, o que obrigou aos afectados a recurrir á vía xudicial”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará