Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Xaime Rei reclama un “novo Estatuto de autonomía con vocación europeista” no 25 de xullo

RR_Noticias

“A celebración do Día da Patria Galega débenos obrigar a unha reflexión serea que nos permita tamén a exaltación de tódolos valores que conforman a nosa personalidade como pobo diferenciado”. Así o suliñaba o alcalde de Redondela, Xaime Rei no discurso que pronunciaba o pasado venres no acto do Concello polo 25 de xullo.

Un manifesto que o rexedor local pronunciaba na Alameda de Redondela minutos antes da ofrenda floral que anualmente conmemora esta data aos pes da estatua de Castelao. Un acto que estivo amenizado pola música da Orquestra de Saxos quen interpretou entre outras pezas o Himno Galego. Logo de lembrar o pasado con palabras como “Fomos súbditos dun Estado que si recoñecía obrigas, pero non dereitos. Fomos un pobo abnegado e traballador que faciamos a seitura en Castela e, sen embargo, comiamos pan de broa, porque o trigo non era para nós” lembrou a riqueza cultural do noso país e os seus inicios “aglutinada arredor da Liga Rexionalista, das Irmandades da Fala, da Xeración Nós e de tódolos movementos políticos de raíz” Insistiu ademais na necesidade de sumar peculiaridades nunca Europa cada vez maior e declarou que “Galicia para estar no mundo non debe renunciar ás súas raices, tradicións, cultura e lingua”. Por este motivo, reivindicou a intervención dos poderes púlicos para a creación dun “Estatuto de Autonomía con vocación europeista”

Xaime Rei alcalde de Redondela
O rexedor reclama un novo estatuto de autonomía

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará