Hoxe é Luns 9 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Aberto o prazo de solicitude de axudas para mellorar a autonomía e a accesibilidade dos dependentes

RR_Noticias

Subvencionarase a adquisición de produtos de apoio para fomentar a autonomía das persoas, a adaptacións da vivenda e a eliminación de barreiras arquitectónicas, ademais das próteses dentais e os audífonos.

Desde este xoves 23 de xullo xa se ponden solicitar as axudas destinadas a promover a autonomía persoal dos maiores, persoas con discapacidade ou en situación de dependencia. O obxectivo destas achegas é contribuír á eliminación das barreiras arquitectónicas e de comunicación nos fogares así como á adquisición de produtos de apoio para o normal desenvolvemento da vida diaria destas persoas, a adaptacións funcionais do fogar ademais da adquisición de próteses dentais e audífonos. Poderán beneficiarse destas axudas as persoas maiores de 65 anos que acrediten a necesidade dunha axuda, persoas con discapacidade menores de 65 anos que teñan recoñecido un grao de minusvalía igual ou superior ao 33 por cento, e persoas que teñan recoñecida legalmente unha situación de dependencia. Para a concesión das subvencións terase en conta a situación económica do beneficiario e só poderá concederse unha achega por solicitante. O prazo de solicitude remata o vindeiro 22 de agosto. As persoas interesadas poden achegarse ata o departamento de Servizos Socias do Concello sito na rúa Isidoro Queimaliños nº2 ou chamando ao número de teléfono 986402608.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará