Os populares explican que 45 días despois de pechado o prazo para solicitar as axudas de comedor e logo de dous meses do inicio das clases, o concello “non ten pagado nin un céntimo” ás familias que solicitaron esta subvención.
Explica o popular Iván Crespo que xa a convocatoria deste ano abriuse con moito atraso “o prazo de solicitude comezou a finais de agosto e pechou o 22 de setembro cando xa arrancaran as clases, fronte a outros concello que as tramitaron moito antes. Poñen como exemplo o caso de Vigo onde gobernan os socialistas “as bolsas de comedor podían pedirse dende mediados de xullo”.
Engrade Crespo que o problema agrávase polo feito de que esta axuda en bastantes casos
facilita a única comida completa que realiza un neno en todo o día, polo cal o trámite e resolución das solicitudes debería de ser prioritario “urxencia que é maior na situación actual de aumento dos prezos de electricidade, gas e alimentos”.
A día de hoxe, aseguran dende o PP, as Asociacións de Nais e Pais (ANPAS) de Redondela non saben “nada” do Concello e adiantaron o diñeiro para pagar os comedores a familias que non poden facelo, malia non saber que alumnos recibirán as axudas. Á vista desta circunstancia, as asociacións de nais e pais de alumnos recorreron á Federación de ANPAS.
para que presione ao Goberno local de Redondela e, ao mesmo tempo, solicitaron unha entrevista coa responsable de Servizos Sociais do Concello, para que asuma a súa responsabilidade e explique como é posible que dous meses despois do comezo do curso non se pagaran as axudas.