Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Accidente en Santa Mariña con tres vehículos implicados

poli local

O sinistro tiña lugar ao redor das 18:30 horas de hoxe e, malia o aparatoso da colisión, tan só hai que lamentar danos materiais. O accidente provocou importantes retencións nun tramo dunha estrada N-550 moi transitada e que actualmente está en obras.

Axentes da policía local informan da colisión de dous vehículos que se producía a media tarde de hoxe. As investigacións apuntan a que o condutor dun vehículo procedente de Pontevedra tería perdido o control por causas que se descoñecen, colidindo contra outro turismo procedente de Redondela. A consecuencia do impacto este vehículo chocou contra un terceiro turismo que acabaría chocando, á súa vez, contra a fachada dun dos edificios de Santa Mariña.

Un aparatoso accidente que tan só deixa danos materiais. Foi necesaria a intervención dos axentes para regular o tráfico debido a que un dos carrís quedou inhabilitado ata a retirada dos vehículos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará