Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O proxecto de humanización da Avenida de Vigo en Chapela leva catro anos parado

avenida de vigo

O Concello de Redondela denuncia o “investimento cero” da Xunta nesta rúa de Chapela que se atopa “nun estado total de abandono e deterioro”. Lembran que as obras da primeira fase da humanización da avenida de Vigo, ao seu paso polo tramo comercial do núcleo urbano de Chapela, comezaron a principios de abril de 2017 pero “a día de hoxe seguimos esperando pola resolución da Fase 2 e 3 da humanización da avenida de Vigo, parada dende hai máis de 4 anos”.

Os traballos adxudicados pola Consellería de Infraestruturas e Vivenda á empresa Civis Global S.L.U. por un importe de 1,8 millóns de euros completaron a primeira fase, segundo afirma a alcaldesa Digna Rivas “como iniciativa da campaña do ex-alcalde do PP Javier Bas, posteriormente dos presupostos da Xunta foron desaparecendo os orzamentos destinados a humanización desta vía”.

Na obra incluíase a renovación integral das beirarrúas e a súa ampliación para facilitar o tránsito de peóns nesta zona na que se sitúa o Mercado Municipal, a alameda e os principais establecementos comerciais da parroquia. “Completaron menos do 50% do proxecto dende que comezou en 2017, cando nun principio prometían rematalo en 18 meses”, aclara Rivas.

Como outros moitos grandes proxectos “demostrase tempo despois que non eran máis que anuncios puramente electoralistas”. Eses anuncios, engade a alcaldesa de Redondela, “quedan agora en evidencia xa que para esa obra os Orzamentos da Xunta de Galicia para o vindeiro ano, seguen sen recoller nin un só euro”.

É lamentable que un goberno da Xunta, que se da por sentado que ten que gobernar para todos e todas as galegas e, polo tanto “para todos os municipios baixo criterios de equidade”, elabore uns orzamentos “absolutamente arbitrarios favorecendo aos concellos que lle son afíns e esquecendo, por completo ao resto” recalcou Digna Rivas quen adianta que “utilizaremos todos os medios ao noso alcance para esixir, da Xunta de Galicia, o cumprimento dos compromisos adquiridos con este municipio e coa súa cidadanía”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará