Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Digna Rivas, arroupada por pesos pesados do seu partido no xantar socialista de Redondela

digna rivas

Rivas contou co apoio do secretario xeral do PSdeG-PSOE de Pontevedra, David Regades, a presidenta de Deputación, Carmela Silva, o secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso e o alcalde vigués Abel Caballero nun acto celebrado no Pazo de Vilavella e no que Rivas salientou os logros do seu goberno neste tres anos na alcaldía “nos que se priorizaron obras sociais e o benestar da cidadanía”

En palabras de Digna Rivas “hai case tres anos e medio, falabamos da necesidade e importancia dun cambio de rumbo no Concello de Redondela. Da urxencia dun cambio de goberno que devolvera ao municipio a importancia social, económica e política. Falabamos da necesidade de transformar Redondela para que fora un municipio con futuro. Hoxe, tres anos e medio despois, podemos dicir con orgullo que así o fixemos”.

Este evento serviu como presentación dos proxectos futuros como a construcción dunha pista de atletismo para o IES Illa de San Simón, a transformación das antigas Casas dos Mestres no primeiro museo de Redondela, o Skate Park de Chapela, a remodelación da Alameda de Chapela, o remate da humanización da Praza de Pontareas, a humanización da Avenida de Santa Mariña e a remodelación do Antigo Conservatorio na Casa de Turismo e Cultura.

En canto ao xa feito Digna Rivas destacou que “Este Goberno foi quen, pese a oposición desbocada, de sacar adiante os Orzamentos 2022, unhas contas históricas para Redondela de máis de 20 millóns de euros. A aprobación non foi unha casualidade ou unha cuestión de sorte. Foi froito da política de consenso, entendemento e diálogo que sempre caracterizou a este Goberno e a esta alcaldesa”.

Rematou apuntando que o novo lema ‘Sempre con Redondela’, “resume un compromiso pero expresa tamén a firme vontade de poñer a veciñanza por enriba de todo e o seu benestar como máxima prioridade. Así o fixemos e así o seguiremos a facer”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará