Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Cemiterio dos Eidos lidera o ranking para facerse co título do “Cemiterio máis bonito de España”

cemiterios eidos

O certame, convocado pola revista Adiós Cultural, busca poñer en valor o interese histórico, cultural, social, artístico e patrimonial dos camposantos. O antigo cemiterio de Redondela con 604 votos sitúase en primeiro lugar, seguido do cemiterio de Villaluenga del Rosario, na provincia de Cádiz, con 590 votos. O prazo para participar nesta votación pública remata o vindeiro venres 30 de setembro.

O cemiterio dos Eidos, construído ao redor de 1830, está considerado cemiterio histórico pola Deputación de Pontevedra e aspira a entrar na lista de cemiterios singulares de Europa. Pero ademais está entre os candidatos para ser elixido “Cemiterio máis bonito de España” no concurso que organiza Funespaña a través da revista Adiós Cultural.

Un camposanto que, de seguir as votacións como ata agora, podería erixirse como gañador. Con todo, a votación popular sigue aberta na páxina web de Adiós Cultural.

Compite para facerse co galardón co cemiterio de San Antonio (Archidona), o de Ballena (Castro Urdiales), o de Nuestra Señora de la Piedad (Iznájar), o de Sant Sebastià (Sitges), o Parque de la Paz (Valencia) e o de Villaluenga del Rosario.

Na páxina existe un amplo dossier dos cemiterios finalistas, entre eles o redondelán dos Eidos.

Dende o Concello, para facilitar o proceso de votación, dende o 12 de setembro, as persoas interesadas poden dirixirse á Oficina de Turismo, nos baixos da Casa do Concello de Redondela, onde se lles informa sobre como facer a votación de xeito doado dende o seu teléfono ou dispositivo móbil.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará