Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cursos formativos en Soutomaior

cursos souto

A OMIX de Soutomaior pon en marcha un programa de accións formativas que abarcan varios sectores: loxística e distribución coa obtención do carné de carretillas elevadoras, o curso oficial de monitores de tempo libre e un curso de limpeza hositalaria. A maiores, tamén hai a posibilidade de realizar un curso de manipulación de alimentos e de linguaxe de signos. As actividades están dirixidas á formación ocupacional e para o emprego fundamentalmente para público xuvenil a partir de 16 anos. Unha formación teórico práctica xunto coa realización de prácticas en empresas en sectores con alta demanda laboral e, nalgúns casos, o alumnado pasará a formar parte de bolsas de emprego nas empresas nas que realicen as prácticas.

A OMIX oferta tamén un curso de manipulación de alimentos e de linguaxe de signos, ambos impartidos por empresas ou entidades homologadas para estas acreditacións e que pode ser unha formación complementaria para moitas profesións e para mellorar o currículo. As persoas maiores de 18 anos que non teñan o título da ESO poderán acceder a actividade de preparación das probas libres que convoca a Xunta de Galicia para a obtención desta titulación servindo esta formación ao mesmo tempo para presentarse ás competencias crave.

Por outra banda, ofrecen dous itinerarios para mellorar as competencias en inglés, nos que poden participar no itinerario 1 mozos e mozas de 12 a 14 anos e no itinerario 2 mozos e mozas de 15 a 17 anos. Serán eminentemente prácticos e seguirán unha metodoloxía participativa para traballar a competencia oral e comunicativa nesta lingua.

Finalmente convocan o programa de Escola de Familias cunha sesión mensual na que as familias poderán formarse en temas como as novas parentalidades, xestión do conflito e aplicación de normas. Cada sesión será guiada por expertas na materia que iniciarán a xornada cunha breve explicación sobre o tema a abordar e debater posteriormente. Poderán asistir acompañados de fillos menores porque haberá monitores encargados de realizar con eles un programa lúdico no tempo que dure a actividade.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará