Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A SAR Rodavigo, suma e segue

SarVero

Foto: Patry Rivas

Logo da vitoria da pasada xornada no clásico co Carballal, esta semana preparan outro derbi galego. Reciben en Redondela ao Balonmán Cañiza.

O partido disputado no pavillón vigués estivo moi competido, e finalmente a balanza decantouse do lado redondelán. A adestradora Verónica Posada amósase moi satisfeita co resultado no primeiro partido ano, logo de que o encontro en Canarias co Salud Tenerife tivera que aprazarse polas baixas de Covid do equipo insular.

Verónica Posada, adestradora da SAR Rodavigo

A vitoria deixa á SAR Rodavigo no 10º posto da táboa da División de Honra Prata Feminina. A adestradora está moi satisfeita co rendemento do equipo logo da primeira volta “con mellor xogo e consolidando o bloque”. E iso que a pandemia está a causarlles tamén problemas. De feito as baixas pola Covid obrigáronlles a suspender o programa de traballo precisto para o Nadal. Nun vestiario “moi curtiño” a incorporación das xogadoras da base está a ser “esencial”. Posada sinala que as xuvenís non son un apoio, senón que “forman parte do equipo” porque sen eleas “sería imposible facer os adestramentos e completar as convocatorias.

As incorporacións de xogadoras xuvenís no primeiro equipo está a ser esencial esta temporada

Nesta segunda volta que comezaron con moi bo pé, o obxectivo é consolidarse nos postos de permanencia. Na seguinte xornada volven xogar un interesante derbi galego, nesta ocasión na casa e contra o Balonmán Cañiza, que é 12º, un punto por baixo das redondelás pero cunha xornada menos disputada.

Esta fin de semana reciben en Redondela ao Balonmán Cañiza
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará