Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Servizo de Normalización Lingüística recibe unha achega de 20.000 euros da Deputación

normalización

O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) publicou a concesión dunha axuda ao Servizo de Normalización Lingüística de Redondela por importe de 20.000 euros –a máxima contía para este tipo de achegas– para o seu reforzo e mantemento.

Ademais de Redondela, tamén se beneficiaron outros seis concellos da provincia desta convocatoria que tamén contempla liñas de axuda para actividades de dinamización por parte dos concellos e de entidades culturais sen ánimo de lucro.

A alcaldesa de Redondela e concelleira de Normalización Lingüística, Digna Rivas, quixo agradecer a axuda da Deputación que pon en valor “o traballo do SLN de Redondela e do seu persoal a prol do espallamento e potenciación da nosa lingua e a nosa cultura”. Rivas lembrou que Redondela “foi sempre un referente a nivel Galicia no uso do galego e na defensa do noso idioma como elemento de reafirmación da nosa identidade como pobo”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará