Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Leo Leiño achega a Redondela “A peregrina máxica”

Leo-Leiño2-450x335

A contadora e maga Leo Leiño emprende unha viaxe moi especial neste ano Xacobeo. E este xoves, día 15 de xullo, estará en Redondela co seu espectáculo “A peregrina máxica”. Da man da primeira peregrina, Exeria, levará ao público cara a Santiago , seguindo as instrucións do Códice Calixtino. Leo Leiño irá “peregrinando” a través de trucos sorprendentes e divertidos para descubrir lendas e costumes do camiño. A cita é ás 12 da mañá, no Auditorio da Xunqueira, con entrada de balde. O espectáculo está dirixido a público infantil a partir dos 5 anos e público familiar en xeral. As prazas son limitadas polo que é necesario inscribirse previamente na Biblioteca Municipal de Redondela, no Multiusos da Xunqueira, ou no teléfono 986 40 15 61, en horario de 9:00 a 14:00 horas.

A actividade está organizada pola concellaría de Cultura e as Bibliotecas Municipais de Redondela a través do Programa de dinamización da lectura “Ler conta Moito” da Xunta de Galicia.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará