Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O C.R. Chapela suma o apoio da Fundación Alba Torres Carrera

Torres y Carrera y Club de Remo Chapela

O club de remo pechou un acordo de colaboración coa Fundación Alba Torres Carrera para as súas categorías de deporte basee. Desta maneira súmase aos patrocinadores dos bateis, embarcacións nas que participan máis de 100 rapaces e rapazas de entre 8 e 18 anos. Julio Prado, o presidente do C.R. Chapela destaca a importancia de que os mozos sintan o deporte non só como unha competición, “senón como un estilo de vida e unha forma de relacionarse que lles axude no seu desenvolvemento como persoas”. Salienta Prado que o remo é un deporte no que se traballan valores moi importantes na vida “como o compañeirismo, o traballo en equipo, o compromiso e o respecto polos demais e o medio ambiente”. O Club sempre se xestionou como unha gran familia á que agora se suma Torres y Carrera. Desde a Fundación Alba Torres Carrera sinalan que o seu obxectivo é “contribuír á mellora da calidade de vida dos nenos en aspectos relacionados coa educación, o deporte e a saúde”. Xurxo Torres, director xeral de TYC, destaca a importancia de axudar “especialmente en períodos de crise, a un colectivo especialmente sensible como é o dos máis pequenos”. No C.R. Chapela levan 35 anos traballando con categorías base nun deporte tradicional “que vertebra ao pobo e favorece a compresión da contorna mariña e o respecto pola súa preservación”, destaca Torres.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará