Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pakolas aterra en Redondela coa historia de Ramona Órbita

PAKOLAS

O público miúdo de Redondela ten este venres unha cita coa música. A alameda Castelao acolle o espectáculo de Pakolas “Ramona Órbita, a dona do tempo”. Será a partir das 18.00 horas, cun concerto co que o Servizo de Normalización Lingüística recupera os Venres Cativos. Nesta proposta, Pakolas conta e canta con ritmo rockeiro a historia de Ramona Órbita, unha súper muller labrega da Serra do Courel, xefa na horta e boa coa tecnoloxía, ecoloxista e inventora, propietaria dunha horta cibernética e dunha incrible máquina do tempo, o seu mellor invento. Con ela viaxa ao futuro e ao pasado na procura de tecnoloxía para crear un mundo mellor, mais ecolóxico e con enerxías limpas. Así, a través das cancións e narración, o público irá saltando a diferentes épocas, dende as cavernas ata o futuro. Ramona viaxa á prehistoria a comer churrasco de mamut con Manolo Cavernario que acaba de descubrir o lume; visita a Leonardo Da Vinci no Renacemento e participa da emoción das súas creacións, acode ao Antigo Exipto cun tal Ramsés ou conversa cun robot que se chama Time… Unha longa e divertida viaxe ata chegar ao futuro, onde cantará por unha sociedade “máis ecolóxica e concienciada co respecto e coidado á natureza”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará