Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Plastic Omnium confirma un infectado de coronavirus entre os seus traballadores

RR_Noticias

A empresa enviou un comunicado nas últimas horas no que explican que hoxe venres confirmouse o positivo por coronavirus dunha traballadora da sección de pintura.  Este sería o segundo caso de coronavirus confirmado en Redondela, logo de que o pasado mércores se coñecese o primeiro caso, un home de idade avanzada veciño do casco urbano.  A planta de Plastic Omnium permanece pechada dende o pasado martes.

No comunicado enviado os traballadores, que xa non acoden a esta empresa auxiliar de Citroen dende o pasado día 17, engaden que ante os síntomas que presentaba esta persoa “foi enviada ao seu domicilio onte se atopa baixo seguimento por parte do servizo sanitario”. 
Trátase dunha persoa menor de 50 anos que presenta unha situación diferente ao primeiro infectado, un home que foi ingresado no hospital ao ter unha idade avanzada e presentar patoloxías previas.
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará