Hoxe é Martes 16 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Diana Freire (Cruz Vermella Redondela): “Os maiores comezan a acusar o illamento”

RR_Noticias

Os usuarios desta ONG reciben nestes días chamadas telefónicas para combater o illamento. Unhas conversas que serven para lembrarlles que extremen as precaucións, que respecten o confinamento e, sobre todo, que os evade durante uns minutos do seu confinamento. Diana Freire explica que están a detectar un empeoramento no ánimo dos seus usuarios “os maiores comezan a acusar o illamento, principalmente os que viven sos”. Ante esta situación excepcional o teléfono é a ferramenta fundamental para se comunicar con estas persoas “xente de idade avanzada en moitos casos que non ten contacto coas redes sociais e cuxa única conexión co exterior son estas chamadas telefónicas”.

As persoas maiores están a ser os grande prexudicados desta pandemia por diferentes motivos. O fundamental: porque son poboación de risco e cos que máis se está cebando o coronavirus, pero tamén porque o confinamento decretado para tentar atallar o espallamento do virus os deixa en situación de vulnerabilidade. Especialmente a aqueles maiores que viven sos. Mais aló da cobertura das súas necesidades básicas (lembramos que dende o Concello está habilitado o teléfono 986 40 26 080, dende o que se xestiona a atención a este colectivo ou a aquelas persoas en situación de dependencia) está tamén a atención social. Neste sentido, dende a Cruz Vermella están a manter un contacto telefónico continuado cos seus máis de cen usuarios para coñecer como se atopan, lembrarlles medidas hixiénicas fundamentais para evitar os contaxios e insistirlle na necesidade de que deben permanecer nas súas vivendas. Pero sobro todo, esas conversas serven para trasladarlles consellos para manexar o estrés ante estas crise. Aconsellan entre outras cuestións que limiten o tempo de informase a certos momentos do día “estar permanentemente vendo as noticias crea sensación de alarma e angustia”, que manteñan un estilo de vida saudable e o contacto telefónico con familiares e amizades. Insisten tamén na idea de que ter sentimentos de tristeza, confusión ou medo nesta situación é normal e que no caso de sentiren que a situación os desborda “que non teñan reparo en contactar con profesionais que poidan aconsellalos e axudalos dun xeito saudable”.  

Diana Freire Cruz Vermella
Unhas chamadas para facer un seguimento e acompañar nestes momentos de confinamento
Estado de ánimo
As casuísticas son moitas pero algúns xa comezan a sufrir esta situación
Consellos
Unhabatería de medidas que nos poden axudar a todos e particularmente os maiores

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará