Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

200 películas e 13 países apostan polo Festival Internacional de curtametraxes de Andaina

RR_Noticias

O festival Internacional de Curtametraxes e Diversidade funcional Andaina pechou a recepción de traballos para a súa oitava edición que se vai celebrar no Multiúsos da Xunqueira do 9 ao 14 de marzo. Presentáronse un total de 200 curtas procedentes de 13 países diferentes. Agora é labor da organización elixir as 23 curtas que se proxectarán dentro da sección oficial, escolar e infantil.

A asociación Andaina amosa a súa satisfacción polo éxito na recepción de curtametraxes logo de recibir un total de 200 curtametraxes procedentes de Canadá, Arxentina, Alemaña, Francia, Italia, Croacia, Turquía, Siria, Exipto, Brasil, Perú, Dinamarca, México e España.
Un certame que busca a través destes traballos cinematográficos dar visibilizar e naturalizar a diversidade funcional a través do mundo do audiovisual. Curtas de ficción e de animación que   tratan unicamente o tema da diversidade, ben a través das súas historias ou da participación de persoas con discapacidade. De entre os traballos recibidos elixiranse un total de 23, dez proxectaranse na sección oficial, 7 na sección escolar e 6 na sección infantil. Tamén nesta edición contarase coa curta “Máis ca vida” de Rubén Riós.
Un certame que achegará ao Multiusos arredor de 1500 escolares da localidade e arredores, ademais de público en xeral a fin de semana e que se desenvolverá entre os días 9 e 14 de marzo.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará