Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A AVV de Chapela lamenta a “oportunidade perdida” que supón o derrube do colexio Igrexa

RR_Noticias

Insisten en que se podería manter a metade do inmoble o que suporía incrementar o número de locais de uso público para os veciños e critican que “nin este nin o anterior goberno” fixeran nada por negociar con Audasa que se mantivera en pé parte do edificio.  Unha vez que o derrubamento xa é unha realidade confían en que as casas dos mestres poidan ser habilitadas e empregadas polas asociacións aínda que insisten en que son claramente insuficientes ante a elevada carencia existente na parroquia.

A asociación de veciños de Chapela aplaude a decisión do concello de solicitar a reversión da titularidade da parcela na que se atopa o centro educativo e que se evite o derrubamento das casas dos mestres, pero lamentan que dende o goberno local non se negociara con Audasa o mantemento da parte do colexio non afectada. Entende que é unha “oportunidade perdida” xa que de tirarse tan só a parte do edificio afectada aínda se conservaría a metade do edificio “en total, unhas seis aulas de boa capacidade e dotada con todos os servizos como baños ou calefacción que terían servido para cubrir a necesidade de locais público existente na parroquia”. Tanto os anteriores gobernantes como o actual goberno deixaron pasar esta oportunidade malia que dende a Asociación de Veciños lles trasladaran tamén por escrito que negociaran con Audasa o mantemento de parte do edificio “algo que non se fixo e que non entendemos” insiste o presidente da asociación, Marcial Pérez.  

Marcial Pérez AVV Chapela
Entenden que non se debeu permitir derrubar o colexio
Carencia de locais
Necesarios espazos públicos abertos pero sobre todo locais para actividades

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará