Hoxe é Venres 3 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

José Veiga, un artista do “carboncillo”

RR_Noticias

A través dos seus cadros, que ata o vindeiro 30 de xuño se poden ver no Multiúsos da Xunqueira, coñecemos unha Redondela antiga xa desaparecida. Veiga colle con destreza o pincel para trasladar ao lenzo imaxes plasmadas por outros artistas no pasado, como a acuarela de Pier María Baldi de 1669, ou de postais datadas en diferentes épocas. Imaxes nas que nalgún caso rememora un pasado moi presente como o cadro no que recoñecemos a antiga fábrica  de Regojo.

Medio cento de cadros conforman esta exposición que durante todo o mes se pode visitar na sala I do Multiúsos. Autodidacta xa xubilado, comezou a pintar cando era tan só un neno e ao longo da súa vida foi perfeccionando técnicas como a do “carboncillo” que foi a elixida na maior parte dos cadros nos que reproduce imaxes desaparecidas da nosa vila “penso que é a mellor técnica para darlle as imaxes ese toque de antigüidade que teñen a maior parte delas”. Rúas, canastros, edificios emblemáticos, un mar que se adentra na vila… son algunhas das imaxe que atopamos nesta mostra que serve tamén para lembrar unha Redondela que xa non está. Unha relación de obras onde topamos tamén outras técnicas como acrílicos ou pastel que son as elixidas para a realización de bodegóns ou reproducións de cadros tan populares como a “Muchacha en la ventana” da Dalí.  

José Veiga pintor
Cadros para lembrar unha Redondela que xa non é
Autodidacta
Aprendeu pintando dende neno

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará