Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O duelo da ría é para o C.D. Choco

RR_Noticias

Os de “Gonza” impuxéronse no Morrazo ante o Alondras, e suman xa 14 xornadas sen perder. Xornada positiva para o fútbol local con vitorias tamén de Atl.Vilar, Cesantes, Chapela e Soutomaior. No balonmán gañou a SAR Plastic Omnium e perdeu o Rodosa Chapela.

Terceira División
Alondras 1-2 Choco
O duelo da ría saldouse a favor dos redondeláns por segunda vez na tempada. O Choco superou ao Alondras no Morrazo logo de impoñerse tamén no partido de ida en Santa Mariña. Os de “Gonza” Fernández a están a só cinco puntos da promoción de ascenso tras encadear 14 xornadas sen perder. E iso que foi o Alondras o que, empuxado polo seu público, apertou de saída. Österholm reclamou penalti por unha caída nunha acción con Samu. Pouco despois, Yahvé e Mauro avisaron con senllos disparos afastados, que se foron desviados. O Choco logrou sobrevivir ao arreón inicial e, a pesar da saída do campo de Xián por lesión, foi capaz de atopar aos poucos o seu xogo, sempre a partir da pelota e con Caloi e Comis como xeradores de fútbol na zona de iniciación. Pero despois de crear, toca desquilibrar. Onte tocoulle a Gabri marcar as diferenzas no seu regreso ao Morrazo. O ex do Alondras inaugurou o marcador. O cadro local logrou empatar pouco despois, grazas a unha falta lateral lanzada por Yahvé que sorprendeu a Cortegoso. No segundo tempo os cambios reactivaron ao equipo choqueiro. Cora desnivelou a balanza entrando desde o banco ao aproveitar un rexeite de Nucho a un centro de Gabri. Un gol que impulsa ao Choco e frea ao Alondras. Na próxima xornada o Choco recibe ao Silva, co equipo visitante un punto por baixo dos redondeláns.
Alondras: Nucho; Jesús Varela, Agujetas, Aitor Díaz, Pardavila; Álex Rei (Dieguito, min. 87), Abel (Champi, min. 68), Yahvé, Mauro (Iván Pérez, min. 53); Yelco e Österholm.
Choco: Cortegoso; Yago Vázquez, Aitor Cañedo, Samu, Xián (Carlos, min. 33); Caloi, Nacho, Comis (Yerai Couñago, min. 56); Gabri Palmás, Félix e Vilas (Cora, min. 68).
Goles: 0-1, min. 33: Gabri; 1-1, min. 41: Yahvé; 1-2, min. 76: Cora.
Primeira Autonómica

Arcade-Umia 0-1
Un gol nos últimos minutos penalizou a un Arcade que fixo un gran partido, e que xogou sesenta minutos cun menos, tras a expulsión de Antolín. Os de Juan Amoedo son 4º, e na próxima xornada reciben ao Erizana, da metade baixa da táboa.
Segunda Autonómica

Atl.Vilar 5-3 Progresista
Os de Mon Sanromán ascenden á 9ª praza logo da vitoria. Na próxima xornada visitan o campo do Vincios, co anftrión afundido na parte baixa da táboa.
Cesantes 1-0 Vilaboa
Importante vitoria do Cesantes ante un forte Vilaboa. Agora os de Redondela son 12º. Na próxima xornada visitan o campo do Bueu, 10º, pero con 12 puntos máis que o Cesantes.
Terceira Autonómica
San Roque Casablanca 0-2 Chapela
Os de Chapela ascenden á 4ª praza logo da vitoria no campo do San Roque Casablanda. O domingo reciben ao Lavadores, que é 5º, a tres puntos.
Nespereira 0-5 Pereiró
O Nespereira segue afundido no pozo da clasificación logo de encaixar unha dura goleada. Complicada recta final de liga para o equipo, que o domingo visita o campo do líder, o Val Miñor.
Soutomaior 5-1 Rápido Baía
Gra npartido do soutomaior, que foi moi superior ao rival. DAvicín, Raúl, Michael e Jorge, en dúas ocasións, marcaron para os locais. Faltan só dúas xornadas, o Soutomaior aínda ten esperanzas de facerse co ascenso directo. Na próxima xornada visitan o campo do Marcón Atl., que é 5º.
Balonmán Primeira Nacional Masculina

Lalinense 32-30 Chapela
Na próxima xornada recibe ao Calvo Xiria, 2º da táboa.
Primeira Autonómica

Viviero 25-33 SAR
Os de Diego Lorenzo mantñen o 3º posto da táboa logo da vitoria no pabillón do Viveiro. Na próxima xornada reciben ao Porriño, que é 5º.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará