Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O C.D. Cesantes agarda contar cun novo campo de herba artificial para a próxima temporada

RR_Noticias

No club de fútbol de Cesantes está de parabéns por partida doble. No eido deportivo, a falta dunha xornada, están clasificados para a fase de ascenso a Segunda Autonómica. No extra deportivo a Comunidade de Montes do Viso vén de ceder ao Concello de Redondela o campo de fútbol da Gándara, requisito indispensable para que a administración local acometa a súa mellora e o dote de herba artificial.

O presidente do club, Manuel Costas, amósase moi satisfeito pola decisión dos comuneiros, que na asamblea extraordinaria apoiaron por unanimidade a cesión dos terreos ao Concello. Un importante paso para que “tan ansiado coma necesario proxecto se faga realidade”. Xa está encargado o proxecto, pero para levar a cabo as obras precísase financiamento. Costas entende que coas achegas das administracións local, provincial e autonómica debería saída adiante “sen problemas”. Advirte que non só se beneficiaría o C.D. Cesantes, senón tamén outros clubs e peñas do municipio, dada a saturación das instalacións municipais de Santa Mariña. Desde o club advirten que o terreo de xogo da Gándara atópase en moi mal estado desde hai anos, e que presenta problemas de “seguridade e salubridade”. O presidente explica que as torretas eléctricas están moi deterioradas e provocan cortocircuitos. Os vestiaros teñen uns sumidoiros deficientes, que ocasionan problemas de desaugues e malos cheiros. A Comunidade de Montes do Viso cede toda a parcela, cunha extensión total de 1,6 hectáreas. Agora a administración local debe asumir a xestión, mellora e mantemento desta infraestrutura deportiva e da súa contorna. As obras consistirán en dotar as instalacións con céspede artificial e unha nova iluminación, ademais de diversas melloras na contorna. Fase de ascenso O domingo xogan o último partido de liga ante o Bueu, coa clasificación para a fase de ascenso xa garantida. No club vivirán o encontro como un “preparatorio” para a promoción, que será “moi esixente” e agardan ter máis sorte que a tamporada pasada. Manuel Costas anima ao público a achegarse Á Gándara, no que pode ser o seu último partido nun campo de terra e na Terceira Autonómica. Rematada a liga buscarán unha praza na Segunda Autonómica, fano “con moita ilusión e confianza”. Asegura que neste reto irán “a por todas”, e malia contar con importantes baixas como Santy e Palú confían en facer “un bo traballo”.

Manuel Costas presidente do club
Costas confía en que co financiamento das tres administracións poidan facerse as obras canto antes.
Campo inseguro
Ademais da herba artificfial o campo precisa melloras no sistema de electricidade e sumidoiros.
Cesantes-Bueu
Último partido de liga que servirá ao equipo como preparatorio para a fase de ascenso.
Fase de ascenso
No club preparan a fase de ascenso con ilusión e confianza. Tentarán acadar o obxectivo que se lles escapou a pasada temporada.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará