Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Rutas gastronómicas guiadas para gozar da cociña, da tradición e da cultura

RR_Noticias

A ruta do pincho que organiza a Asociación de empresarios de Redondela amplía nesta sétima edición a súa oferta coa posibilidade de participar de Rutas gastronómicas guiadas. Os participantes desta iniciativa poderán gozar da gastronomía descubrindo a cultura, a historia, as lendas e as tradicións da Vila da man dunha guía profesional. Cada unha das rutas ten unha duración estimada de dúas horas e un custe de 15€. Compre inscrición no teléfono 667401909 e inclúe degustación de tres pinchos. As rutas arrancan este venres.

A ruta dos carabineiros, o camiño de Santiago, a ruta medieval ou a ruta do Maceiras e as lendas, son algunhas das propostas que nos deixa esta novidosa iniciativa que busca enriquecer unha proposta centrada ata o de agora exclusivamente no gastronómico.
A Asociación de Empresarios achéganos nesta edición un xeito diferente de gozar deses petiscos que elaboran os locais que participan nesta Ruta do Pincho. Así, demais de gozar desas tapas, poderemos coñecer un pouco máis o noso concello grazas ás explicacións dunha guía profesional.
A ruta das vilas ou a da arquitectura que nos servirán para coñecer os máis salientables edificios que atopamos nas nosas rúas, pero tamén outras propostas máis curiosas como a ruta da camisa Dalí. Neste caso os participantes poderán coñecer a historia que se agocha detrás desa prenda de vestir que saía da camisería Regojo e que tanto éxito tivo grazas a un acordo comercial entre a empresa téxtil e o artista catalán que accedeu a ceder a súa imaxe para promocionar a prenda de algodón. Un acordo comercial que facilitou a Regojo acadar proxección internacional.
Outra das propostas e que se afasta do centro da vila é a ruta dos galeóns e os piratas, con visita ao museo Meirande incluída.
As rutas arrancarán ás 19:30 horas, agás esta última que terá lugar o sábado ás doce do mediodía. O prezo de 15 euros inclúe as explicacións e a degustación do pincho que ofreza cada un dos establecementos nos que se deterán os participantes.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará