Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O alcalde de Pazos nega que existiran “condutas violentas” no seu grupo de goberno

RR_Noticias

A dimisión da concelleira popular, Lorena Domínguez, quen o pasado luns presentaba a súa renuncia a seguir formando parte do grupo que preside Andrés Iglesias, está a provocar unha crise de goberno no concello de Pazos de Borbén.  A edil argumentou a súa renuncia ante o trato recibido por parte doutro concelleiro do seu mesmo grupo, César Gómez. O alcalde asegura, sen embargo, que “en ningún momento houbo unha conduta violenta por parte do concelleiro, algo que obviamente, nunca permitiríamos”. Con todo, Gómez xa presentou a súa dimisión que se fará efectiva na próxima sesión plenaria.

Explica o alcalde, Andrés Iglesias, que a decisión de Domínguez, “tal e como subliña na súa solicitude de baixa arguméntase na perda de confianza do grupo de goberno cara a súa persoa froito dunha mala actitude persoal durante os últimos meses”.
Nega neste sentido que en ningún momento se tivera producido ningunha conduta violenta por parte do concelleiro César Gómez, tal e como a propia Domínguez tería explicado.
“Obviamente nunca permitiríamos un comportamento violento” asegura o alcalde “sabemos que as reunións de traballo son duras e entendemos a situación persoal de cada un. O que non é normal é converter o pleno municipal nun circo onde un di e o outro di que dixo”.
Adiantou tamén o alcalde que ten previsto aceptar a dimisión do concelleiro César Gómez “debido a motivos familiares” e que formulará a súa substitución unha vez o concelleiro entregue a súa acta. Un feito que entende Iglesias “dignifícao, xa que se non podes desenvolver as túas funcións públicas o normal é que entregues a túa acta para que alguén con ganas o faga”.
Entende Iglesias que Lorena Domínguez debería proceder tamén do mesmo xeito, é dicir, abandonando a corporación. Con todo, a xa exedil popular ,manterá a súa acta como concelleira non adscrita deixando así ao goberno popular nunha incómoda situación, xa que con tan só 5 concelleiros dos once da corporación Iglesias terá agora que gobernar en minoría.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará