Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A oposición di non á prisión permanente revisable

RR_Noticias

Todos os grupos da oposicións amosaron o seu rexeitamento á moción presentada polo PP para evitar a derrogación da Prisión Permanente Revisable. Os populares pedían o apoio do restos dos grupos por entender que este instrumento, que xa existe en moitos países da nosa contorna, debe ser aplicado naqueles delitos de especial gravidade. O resto dos grupos criticaron a utilización do “sufrimento das vítimas” e de “lexislar en quente esquecéndose de que non hai que endurecer as penas senón investir en prevención e en políticas educativas e de reinserción” e amosaron o seu rexeitamento ao que cualifican de cadena perpetua.

Explicaba a concelleira popular, Teresa París, que a prisión permanente revisable é un instrumento que existe en moitos dos países da nosa contorna con gobernos de diferente corte político, considerada polo Tribunal Europeo de Dereitos Humanos axustada á Convención Europea de Dereitos Humanos. Engadía que se trata dunha medida que se aplica tan só a aqueles delitos especialmente graves “como os actos de terrorismo” e que conta co apoio do “80% da poboación”. Neste sentido lembraba as campañas de recollida de sinaturas que hai en marcha e que avogan porque esta pena se manteña malia a proposta de derrogación por parte dos grupos parlamentario. Con todo, os grupos da oposición en bloque criticaron a proposta dos populares, a quen acusan de lexislar en quente e de utilizar o sufrimento das vítimas para realizar políticas populistas. Argumentaba o edil non adscrito, Enrique Fojo que “o PP aposta por endurecer penas sobre persoas que xa están sobradamente condenadas mentres se amosan moito máis brandos con outros delitos como o da corrupción” O nacionalista Xoán Carlos González criticaba ao PP por “apostar por un modelo de sociedade represivo. Xa o fixeron aprobando a lei mordaza e continúan con medidas como estas”. Dende AER engadía Noé Cano que “non hai motivos obxectivos para endurecer as penas que pesan sobre os delitos. O problema está na prevención. Cómpre investir en políticas educativas e de inserción”. Mesmo posicionamento o do PSOE. A súa voceira Anabel Rey criticaba ao PP por “xogar coa dor das vítimas para levar a cabo unha campaña de marketing político”.  

Enrique Fojo edil non adscrito
Entende que as penas xa son o bastante duras
Xoán Carlos González BNG
Critica ao PP por apostar por un modelo de sociedade represivo
Noé Cano AER
Reclama maior investimento en reinserción
Anabel Rey PSOE
Acusa ao Pp de empregar a dor das vítimas
Teresa París PP
A popular defende unha prisión permanente revisable que se aplica noutros países da contorna

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará