Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A viaxe de Rosalía chega ao Multiúsos de Chapela da man da titiriteira Larraitz Urruzola

RR_Noticias

Un espectáculo de monicreques sobre Rosalía de Castro, onde a narradora e titiriteira, Larraitz Urruzola sube ao escenario cargada de maletas con monicreques, teas, zapatos e libros para lles achegar aos máis cativos a obra Rosaliana e algúns dos momentos da vida desta insigne artista Galega. Unha actividade organizada polo Servizo de Normalización lingüística o venres ás 18:00 horas.

Enmarcada dentro do programa Apego chega a Chapela esta nova actividade dos “Venres Cativos”. Trátase dun espectáculo de monicreques sobre Rosalía orientado a nenos e nenas a partir dos cinco anos.
Sobre o escenario Larraitz Urruzola, actriz e creadora de propostas escénicas para público infantil desde o ano 1989, é a encargada de achegar esta historia na que manexa diferentes técnicas de manipulación de títeres baixo a dirección de Lucho Penabade.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará