Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior organiza unha excursión a Perlim, un parque temático do Nadal en Portugal

RR_Noticias

O Concello de Soutomaior dentro da programación deseñada para este Nadal organiza para o xoves 28 de decembro unha excursión para visitar o maior parque temático de Nadal situado en Santa Maria da Feira (Portugal). As prazas son limitadas e o prazo de inscrición pecharase o 15 de decembro. As inscricións formalizaranse na OMIX, no teléfono 986700822.

Perlim é un espazo temático dedicado ao Nadal que se atopa en Santa María de Feira, a pouco máis de hora e media de distancia. Unha coidada ambientación na que diferentes actores van realizado escenificacións pensadas para os nenos, conta con máis de vinte áreas temáticas: teatros, escenarios interactivos, atraccións, espectáculos musicais…
Dende o Concello de Soutomaior animan aos veciños a participar nesta viaxe que terá un día de duración e na que os participantes terán a posibilidade de coñecer este espazo. O prezo da viaxe inclúe o traslado en autobús, a entrada e o xantar. O seu custe varía en función das idades, por exemplo, no caso de empadroados/as será: de 0 a 2 anos de balde; de 3 a 15 anos 15€; de 16 anos en diante 20€. Contemplándose con bonificacións para as familias con varios fillos. Haberá dúas paradas de autobús, unha na Casa do Concello ás 10,00 h e outra ás 10,15 no Cruce de Pierres. O horario de chegada ao Concello será aproximadamente arredor das 22h.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará