Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cedeira garante o subministro de auga cos depósitos a un 60% da súa capacidade

RR_Noticias

As comunidades de auga dalgunhas parroquias teñen decretado restricións nos consumos para garantir o subministro ante unha situación meteorolóxica anómala que nos deixa tempo solleiro e seco neste mes de novembro. Con todo, hai parroquias que lograron esquivar esta preocupante situación. É o caso da parroquia de Cedeira. O presidente da súa Comunidade, Gumersido Fernández malia lamentar que os depósitos non estean a rebordar, que sería o natural nesta época do ano, confirma que o subministro está garantido ao presentar os seus depósitos un cheo en torno ao 60%.

A calidade dos mananciais e o consumo responsable garanten o subministro de auga en Cedeira. Mentres noutras comunidades de auga víronse obrigados a adoptar medidas restrictivas no subministro, en Cedeira mantense estable o consumo por vivenda que está establecido nun máximo de 800 litros diarios. Apunta o presidente da Comunidade que “en circunstancias normais os depósitos estarían soltando  auga ao monte e actualmente estamos nun 60%”. Unha situación que non é a óptima para estarmos no mes de novembro, pero que xa foi máis crítica un mes atrás. De feito, a mediados de outubro chegaron saír con megafonía pola parroquia para concienciar aos veciños sobre o consumo responsable. A situación mellorou co cambio de tempo “porque aínda que non chova o orballo da noite fai que se reduza o rego” explica Fernández. “Un monte espectacular e uns mananciais fantásticos así como unhas infraestruturas en condicións” permiten a esta Comunidade non ter que adoptar medidas restritivas, situación que podería mellorar coa chegada das chuvias anunciadas para os vindeiros días.  

Gumersindo Fernández Comunidade de augas
En Cedeira está garantido o subministro
Bos mananciais e infraestruturas
Fan posible que a situación non sexa alarmante
Consumo responsable
Os comuneiros non superan os litros asignados

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará