Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os traballadores denuncian falta de control sobre Urbaser e anuncian o fin da paz social

RR_Noticias

Ao redor dun cento de veciños participaron hoxe na concentración convocada pola Central Unitaria de Traballadores (CUT) “contra a represión que a empresa concesionaria do servizo de recollida de lixo, Urbaser exerce sobre os traballadores”. A concentración arrancou na praza da Farola e rematou ante as portas do concello onde o delegado do sindicato e traballador da empresa, Alberto Covelo denunciou a falta de control e vixilancia por parte do Concello sobre este servizo privatizado.

Covelo foi suspendido de emprego e soldo por dez días por “unha concatenación de feitos” que segundo el mesmo explicou derivaron en que se lle encomendasen “unha serie de tarefas imposibles de realizar no seu horario laboral”. A sanción que lle aplicou a empresa levou ao sindicato a convocar esta protesta que máis aló de denunciar este feito concreto quixo servir para denunciar a “represión que os responsables da empresa exercen sobre os traballadores” pero tamén “a mala xestión empresarial e a nula vixilancia dos servizos públicos privatizados por parte do goberno local e dos grupos políticos”. Unha falta de vixilancia que, segundo denuncian, tradúcese en que a empresa non estea a cumprir os requisitos que se establecen no prego de condicións en canto a números de operarios ou medios, algo que impide que poidan desenvolver a súa normal actividade. Aseguraban tamén dende a CUT que dende xaneiro están a negociar un novo convenio colectivo sen que “por parte da empresa se vexa vontade ningunha de chegar a acordos” polo que anuncian que “ou a empresa comeza a negociar ou se acabou a paz social”.  

Alberto Covelo CUT
Explica o motivo da súa sanción
Responsabilidades políticas
Goberno e oposición deben velar porque a empresa cumpra o prego de condicións
Negociación e paz social
Reclaman a empresa que se sente a negociar o novo convenio colectivo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará