Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Xornada sobre os incendios forestais en Soutomaior e charla en Pazos

RR_Noticias

A Casa Cultural de Soutomaior acolle o luns ás 19:30 horas unha “Xornada de información e reflexión fronte os incendios forestais” coa intervención do enxeñeiro forestal Xosé Covelo. Unha actividade organizada pola Comunidade de montes desta localidade na que se falará dos pasos a dar para rexenerar o monte queimado, a lexislación vixente nesta materia, a planificación existente contra o lume, as axudas da administración e os proxectos de ordenación. Tamén o luns as once da maña celébrase en Pazos unha charla informativa sobre as axudas destinadas aos afectados polos incendios.

O Concello de Pazos de Borbén convoca aos afectados polos incendios do pasado mes de outubro a achegarse este luns, 13 de novembro ás 11:00 horas ao salón de actos da Casa do Concello, a asistir a unha charla informativa na que se lles explicará ao detalle as axudas publicadas pola Xunta de Galicia. Durante o encontro, técnicos do ente autonómico explicarán aos afectados todo o proceso para solicitar estas axudas, así como a documentación que será necesario achegar.O alcalde de Pazos de Borbén, Andrés Igrexas, destacou a importancia de acudir a esta cita para os responsables das comunidades de montes, de augas, donos de empresas e demais damnificados polo incendio xa que “os técnicos poderanlles aclarar todas as dúbidas que teñan sobre os danos ás súas propiedades”. Do mesmo xeito, lembrou a todos os afectados que teñen á súa disposición unha oficina creada exclusivamente para atender aos afectados e axudalos no proceso de solicitude das axudas e a creación de reportaxes fotográficas dos efectos das lapas nas súas propiedades. 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará