Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PSdeG redondelán demanda que se execute o plan integral do porto de Cesantes

RR_Noticias

O concelleiro Leonardo Cabaleiro lamenta que a actuación de Portos de Galicia se limite a unha mellora no pavimento do actual dique, en lugar derribalo para construir un pantalán flotante, como contempla o proxecto inicial. Os socialistas denuncian o incumprimento da Xunta de Galicia con Cesantes.

O PSdeG-Redondela advirte que Portos de Galicia “esqueceu” o proxecto de mellora prometido en varias ocasións á veciñanza. Lembran que en xaneiro de 2011 o organismo presentou en Cesantes un programa de investimentos na zona portuaria. Tratábase do Plan para a remodelación integral do Porto de Cesantes. De todas as actuacións proxectadas destacaba “a demolición do dique actual e creación dun dique aboiante”. Ademais se contaría cun edificio de servizos náutico recreativos co que se ampliaría a dimensión de actividade do porto redondelán. A comezos deste 2017 anunciouse un estudo de mareas que sería presentado a veciñanza para minimizar o efecto das correntes mariñas no entorno do porto. Denuncian que agora o único compromiso da Xunta de Galicia é facer pequenas obras no actual dique, coa mellora do firme e a substitución de valos. O edil socialista Leonardo Cabaleiro declara “esta é unha proba máis de que o Partido Popular presentou este proxecto como propaganda electoralista” e agora “renuncia” ao proxecto de mellora integral do Porto de Cesante. Engade Cabaleiro que a falta de xestión do goberno local “volve a perxudicar aos veciños de Cesantes” que seguen á espera dunha mellora “moi necesaria” para esa zona portuaria.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará