Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Antón Escobar súmase á disciplina do Choco

RR_Noticias

O equipo de Redondela atopou sustituto para Silva. Trátase de Antón Escobar, dianteiro procedente do Val Miñor xuvenil e que realizou a pretempada co Coruxo. O equipo vigués será precisamente o rival do Choco esta tarde en Santa Mariña. O partido xógase ás 20:30 horas e será o primeiro no que Silva xogue contra o que foi o seu club nas tres últimas temporadas.

O Choco atopou con rapidez o sustituto para o dianteiro Diego Silva, que recalou no Coruxo. Precisamente, no equipo vigués realizou a pretempada Antón Escobar tras cubrir a etapa xuvenil no Val Miñor de División de Honra onde foi un dos referentes do equipo. Con gran capacidade para o gol, a pasada tempada estivo na quincena de goles co equipo de Nigrán. Escobar foi unha das promesas do fútbol vigués dende cativo. Comezou na entidade do Val Miñor e despois estivo en cadetes no Celta. Xa en idade xuvenil volveu o seu primeiro equipo para disputar a División de Honra -máxima categoría- onde tivo un papel moi destacado. Foi pretendido por varios equipos este verán e chega a Redondela coa carta de liberdade e coa intención de continuar o seu crecemento.
Partido ante o Coruxo en Santa Mariña
Hoxe mércores, o Choco vivirá un dos mellores partidos da pretempada ao medirse en Redondela ao Coruxo de Segunda División B. O enfrontamento é froito da excelente relación entre os dous equipos e tamén será o primeiro que Silva xogue contra o que foi o seu club durante os últimos tres años. Pola súa banda, Marcos Montes ten previsto repartir minutos entre todos os xogadores dispoñibles.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará